NANCY DANIELA KENNEDY MALCO personal trainer

Naceu en Tarija (Bolivia), é a segunda de 6 irmáns e sempre considerouse deportista xa que dende moi nova converteuse nunha atleta que destacaba entre os da súa quinta sendo a súa especialidade o salto de lonxitude. Nun intre da súa vida o deporte (tan importante para o seu ideario vital) pasou a un segundo plano xa que adicouse nos primeiros anos da súa xuventude ao sector da comunicación chegando a traballar na T.V. do seu país e tamén como secretaria executiva do prestixioso xornal "Nuevo Sur" de Bolivia.

 

A mediados de 2006 chega a España co obxetivo de ir medrando como persoa e tamén seguir en proceso de formación e dalgunha forma cotexar a aprendizaxe de dous continentes irmáns que lle aportan un valor enorme de cara a plantexarse un futuro con aspiracións. A través de FEDA obtén o título de monitora de fitness Personal Trainer e xa posteriormente logra especializarse en Pilates e tamén en nutrición deportiva. Todo isto serve dalgún xeito para darlle o empuxón necesario para a finais de 2012 inaugurar o seu propio centro de dinamización deportiva "Kennedy Sport Gym" que consegue en pouco tempo ser unha referencia na cidade de Santiago por ser recoñecido por moitos como un ximnasio "de autor", porque gracias aos coñecementos e capacidades de Nancy, todos os usuarios quedan sorprendidos polo grao de implicación que ten con toda a xente que pasa por alí.

 

HORARIO

SETEMBRO A XUÑO:

 

Luns a Venres:

8:00 - 23:00

Sábado:

10:00 - 14:00

 

XULLO E AGOSTO:

 

Luns a Venres:

10:00 - 14:00

 18:00 - 22:00

Sábado: Pechado

CONTACTO

Teléfono:

+34 881 81 77 36

Email:

kennedysportgym@kennedysportgym.com