Samaín ou prefires Halloween???

FIESTA DE LA ASCENSIÓN 2022

Hoy 26 de mayo del 2022 celebremos en Santiago de Compostela la fiesta de la Ascensión y al ser festivo local permaneceremos cerrados. 

 

Quisiéramos felicitar a todos los compostelanos por éste festejo y muy en especial a todos nuestros clientes porque se merecen disfrutar y celebrar con mucha fuerza estas fiestas que llevamos esperando tanto tiempo. FELICIDADES!!!

PRESENTACIÓN OBLIGATORIA DEL PASAPORTE COVID

Desde el pasado 18 de diciembre y en principio hasta el 18 de enero de 2022 tenemos la obligación de solicitar el pasaporte COVID a requerimiento de la Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia. 

Se trata de una medida contraria seguramente a muchos intereses personales pero que se engloba dentro de lo extraordinario que nos tocó vivir y afrontamos la capacidad individual de cada uno de nosotros para intentar resolver cuanto antes esta pandemia.

6 DE SETEMBRO, RETOMAMOS O NOSO HORARIO.

Moi boas a todos. Agardamos que tivérades un bo verán e simplemente recordarche que xa retomamos o noso horario habitual a partires do luns 6 de setembro de 2021:

 

Luns a Venres: 8:00 - 23:00

Sábado: 10:00 - 14:00

 

Seguiremos tendo restriccións, tomaremos as medidas sanitarias previstas no noso protocolo pero confiamos en que sexa o curso da ilusión, a ilusión de volver a atoparnos xuntos. Gracias.

INFORMACIÓN SOBRE A REAPERTURA

Voltamos o próximo venres 26 de febreiro. Xa estivemos en contacto con moitos de vós e tiñamos moitas gañas de retomar os nosos adestramentos.

 

En primeiro lugar o horario é o habitual, de luns a venres de 8:00 a 22:00 e os sábados de 10:00 a 14:00 h. Xa poderemos usar os vestiarios de novo pero pedímosvos que extrememos as precaucións e manteñamos a máscara o máximo tempo posible para evitar contratempos.

 

Na sala o uso da máscara é OBRIGATORIO, o igual que o uso dunha toalla individual para proceder o noso secado corporal. Seguiremos tendo para o uso de todos diferentes panos desinfectantes repartidos por toda a sala para ter mais conciencia por todos e para todos. Ademáis contaremos á entrada con gel hidroalcóholico para o uso xeral e os aparatos de cardio seguiran contando con separadores de metacrilato para evitar así o contacto.

 

É en segundo lugar aclaramos o tema dos cobros. Activamos dende este 26 de Febreiro de novo os pagos automatizados xa que a diferencia exacta foi un mes (pechamos o 27 de xaneiro), polo tanto os día de cobro son os mesmos estipulados. En canto os bonos por 4, 6, 9 e 12 meses prorrógase un mes mais, é dicir si un fixo un bono de 6 meses o 10 de xaneiro, debería rematar o 9 de xullo; automáticamente pasa a rematar o 9 de agosto. Así serán sucesivos no resto de bonos.

 

Estos son os principais temas que queríamos tratar con vós para que coñecerades, pero si houbese calquera situación persoal, non dubidedes en contactar connosco polo medio mais apetecible para vós. Apertas.

INFORMACIÓN PARA OS NOSOS SOCIOS SOBRE OS COBROS

Debido ao novo peche levado a cabo pola Xunta de Galicia a partires do próximo mércores 27 de xaneiro, dende a dirección do ximnasio acordamos o seguinte:

 

- Todos os cobros quedan suspendidos ata a reapertura de novo do ximnasio, polo tanto non se cobrará a ninguén. Cabe recordar que si se pasou a mensualidade correspondente o día de hoxe 25 de xaneiro xa que era unha remesa xa grabada e polo tanto a toda esta xente afectada poderá disfrutar do seu mes pagado a partires do día da reapertura.

- Aqueles socios que teñan contratado diferentes bonos, quedan totalmente paralizados e reanudaranse cando nos permitan abrir de novo.

 

Para calquera dúbida poden escribirnos a kennedysportgym@kennedysportgym.com e respostaremos na menor brevedade posible. Preferimos que sexa todo a través do correo electrónico xa que o teléfono estará inoperativo a partires do mércores 27 de xaneiro. MOITAS GRAZAS!!!

PECHE FORZOSO A PARTIR DO 27 DE XANEIRO

O próximo mércores 27 de xaneiro sufriremos un novo peche obrigado pola pandemia covid_19 que supón a obrigatoriedade de clausurar todas as instalacións deportivas dun modo incomprensible. A Xunta de Galicia fai unha previsión de 3 semáns de duración deste novo peche ainda que tampouco somos moi optimistas de que todo isto se poida cumplir xa que como en anteriores peches forzosos, as prorrogas legais sempre van imperando o que nos fai desanimarnos de cara a unha solución definitiva.

 

Son momentos moi duros para unha empresa como a nosa onde tratamos de poñer en valor todo o noso esforzo e traballo en prol de cada un de vós pero que son moitas cambadelas a que estamos a levar. Precisamos un pouco de osíxeno para sair adiante, son sensacións de impotencia onde ves coma da noite para a mañá e sen trocar ningún dos hábitos que te levaron a adicarte a un traballo tan bonito como o de facer sentir mellor ás persoas que están o teu arredor gracias a ese avance no campo da saúde persoal, pois voltas a caer cando simplemente pensas que extremaches as precaucións ao máximo, onde dende o primeiro momento OBRIGACHES A TODOS o uso da máscara polo ben común, extremaches a hixiene dun lugar onde xa era prioridade e sin embargo non foi suficiente. Non podes loitar NUNCA con algo que non depende de ti, simplemente depende de esa persoa que precisas que sexa empática contigo e coa túa forma de vida pero que non pensa nas consecuencias que che poden acarrear. SEGUIREMOS A LOITAR E VOLTAREMOS A ERGUERNOS!!!

SEAMOS COHERENTES

Tengamos un mínimo sentido común. Somos conscientes de la situación tan grave que estamos a padecer a nivel sanitario pero no es menos grave la situación económica de las empresas que tarde o temprano nos salpicará a todos. Desde este rincón hacemos un llamamiento a todas las autoridades a que analicen bien cualquier tipo de decisión que estén dispuestos a tomar ya que la vida de muchas personas puede volverse insostenible. Todos tenemos claro que este virus lo tenemos que erradicar de una u otra forma pero tampoco a cualquier precio porque claro, una cosa es ser responsable y solidario y otra que te tomen por tonto. Les invitamos a tomar decisiones valientes con el fin de terminar esta pesadilla pero a su vez mostrando la máxima protección posible a aquellos que día a día nos levantamos de la cama con el fin de llevar alimentos para nuestra casa y seguir invirtiendo en nuestro ya mermado estado de bienestar que algunos tanto disfrutan.

 

 

NOVAS RESTRICCIÓNS ???

Dende hoxe 21 de Xaneiro e coas novas medidas adoptadas pola Xunta de Galicia PROHÍBESE o uso dos vestiarios e duchas por parte dos usuarios do ximnasio. Habilitáronse zonas no pasillo contiguo para poder deixar algún tipo de mochila ou utensilio, aínda que pregamos a todos os asistentes que eviten na medida do posible traer material ou roupa innecesaria para a práctica deportiva.

Grazas pola vosa comprensión.

 

NOVAS RESTRICCIÓNS PARA COMENZAR O ANO

Dende este venres día 15 de xaneiro de 2021 o noso horario de peche será ás 22:00 horas debido ás novas medidas impostas pola Xunta de Galicia neste intento de poder conter o virus covid_19. É por elo que nos vemos obligados a cumprir coas normas e volas transmitimos para o seu coñecemento.

 

 

 

NOVOS RETOS

Despois dun ano un tanto accidentado comenzamos outro con ilusións renovadas confiando que éste ten que ser o noso ano. É o momento de saltar sobre terreo de xogo e demostrar todas as nosas habilidades. Imos, a polo 2021!!! 

RENOVARSE OU MORRER!!!

Atopámonos nos derradeiros días do ano 2020, o ano da pandemia, pero dende o noso ximnasio queremos seguir mellorando e para iso contamos pouco a pouco con mobiliario mellorado para poder dar un servizo máis axeitado a todos os nosos clientes co fin de que se sintan máis cómodos. Imos a continuar neste proceso de renovación e de mellora constante haxa ou non haxa pandemia. Apertas!!!

BO NADAL!!! 

GRACIAS, GRACIAS Y MILES DE GRACIAS. En el momento de hacer balance de un año tan complejo como este 2020 conseguimos una vez más superávit; tuvimos exceso de cariño, exceso de comprensión, exceso de empatía, exceso de colaboración y en definitiva  exceso de AMOR. No podemos pedir más, simplemente no cambiéis porque nos demostrasteis vuestro verdadero VALOR y nos sentimos orgullosos de todos vosotros. Gracias por ser partícipe de este acercamiento en el año de la distancia. FELIZ NAVIDAD!!!

 

 

O NADAL XA CHEGOU!!!

Tal vez sexa un pouco cedo pero o nadal xa chegou a KENNEDY SPORT GYM. Levamos un ano cheo de incertidume por iso dende a nosa política social que temos, o principal obxetivo é a saude das persoas, por iso apostamos por unha actividade física constante e dentro dos límites de cada un co fin de garantizar un benestar que se traduce en mais ledicia en todos os ámbitos da nosa vida. Pero tampouco esquecemos a saúde mental, tan importante ou máis que a propia actividade física; estamos a padecer unha pandemia que si ven non consideramos extrema nin de unha incidencia tan grande, si que nos está a trastocar as nosas vidas debido ás múltiples restriccións e confinamentos sufridos. Todo iso altera o noso pensamento e énchenos de preocupacións o cal fai que pouco a pouco vemos reducida a nosa capacidade para afrontar as diferentes situacións incómodas plantexadas no día a día. Isto trae problemas de saúde mental que de algún modo debemos arranxar; unha forma que temos nós de colaborar neste "tratamento" é facer ver aos nosos clientes e amigos que a pesar das limitacións ou a pesar desa distancia social que nos separa un pouquiño, temos que celebrar unhas festas tan entrañables como o Nadal, que este ano é moito máis importante que nunca porque TODOS  queremos recuperar a "normalidade" e  deste xeito sentiremos o aroma desa vida que voltará pero que pensamos que nunca debeu marchar. BO NADAL 2020!!!

Debido al nuevo estado de alarma que se aprobó en el día de hoy por parte del Gobierno de España, os anunciamos que nuestro nuevo horario de cierre será a las 22:30 h. Así pues el nuevo horario que tendremos (de forma obligada) será de 8:00 a 22:30 h. a no ser que desde la Xunta de Galicia se aplique un horario de restricción diferente en los futuros días pero por el momento se reduce tan sólo 30 minutos el tiempo de apertura. Disculpen las molestias. 

COmpromiso VIDa sana

A nosa imaxe exterior ven determinada por o noso proceso interior. O noso corpo fala claro e calquera síntoma que exterioricemos será un reflexo de calquer problema ou consecuencia ocorrida no noso interior. Por iso nestes tempos de pandemia que nos crean unha incertedumbre pero que tamén agochan ese grado de confianza e de optimismo cara o futuro, sentimos a necesidade de trocar hábitos por outros máis saudables; este cambio é necesario de cara a proxectar en outras persoas ese nivel de compromiso e seguridade otorgado polo auténtico equilibrio. Por iso nunca debemos esquecer este requerimento na rutina diaria persoal porque só asó conseguiremos obter a parte máis positiva dun mundo contaxiado. Agardámoste.

REENCONTROS! TEMPO DE VOLTAR 

E chegou Setembro, o mes onde volta todo. Un mes onde gastamos o verán, saudamos o outono e nos reencontramos cos amigos e recuperamos hábitos que tiñamos esquecido.

 

Por iso queremos recordarche que voltamos ao noso horario habitual de 8:00 a 23:00 h. Que puxemos todas as medidas necesarias para ir pasando esta pandemia dunha forma segura, libre de COVID-19. Porque a túa seguridade e a nosa prioridade neste intre. Non quedes sen o teu abono, estamos convencidos de que necesitas voltar a túa vida normal por iso necesitas un Kennedy Sport Gym seguro e así o fixemos.

INICIAMOS A NOSA VOLTA AO COLE PARTICULAR

Estamos xa as portas do mes de Setembro e queremos comenzar con forza esta nova etapa coa sombra do COVID-19 por cada esquina. Dende Kennedy Sport Gym estamos preparados xa que coma sabedes fumos adaptando as nosas instalacións e tamén as nosas costumes para este novo tempo; non queremos xa falar mais de nova normalidade pois non é tal pero si de tentar respostar a esta realidade que nos afecta coa maior responsabilidade que nos atañe.

 

É por elo que agardamos seguide confiando en nós, temos un montón de sorpresas novas para este curso que comienza e coa responsabilidade de todos e coa máxima sensibilidade imos facer deste curso o mellor das nosas vidas.

 

Así pois, non quedes sen o teu abono para esta época, esa é a tua máxima responsabilidade porque do aforo e da distribución horaria xa nos encargamos nós.

 

Ahh, recordade que está semán continuamos co horario de Agosto (10:00-14:00 e de 17:30-23:00). A partires do luns 7 de Setembro voltamos ao noso horario habitual. Grazas.

KENNEDY SPORT GYM ANTICOVID-19

A partir de agora no noso ximnasio contaremos con paneis protectores e separadores dentro das máquinas de cardio co fin de minimizar o riesgo de contaxio COVID-19. Sabemos que é imposible garantizar a día de hoxe o 100% de seguridade total, pero dende o noso compromiso cos usuarios das nosas instalacións traballamos en poder garantir a máxima seguridade e así poder practicar deporte de forma segura. 

 

Así con esta nova adquisición e unido a todo o traballo de protección acordado ao longo destes meses (uso de mascarilla obligatoria, xeles hidroalcóholicos a disposición dos usuarios, desinfección dos vestiarios varias veces no día, desinfectantes postos ao longo do ximnasio para a desinfección dos diferentes aparatos, etc) e tamén contando coa responsabilidade individual de cada persoa, creemos que podemos disfrutar dos nosos adestramentos con total seguridade.

ILUMINACIÓN LED 

Dende xa fai uns días contamos no ximnasio con nova iluminación de tecnoloxía LED. Este é un paso dado dende a empresa co fin de irnos adaptando a un contido moito máis ecolóxico e moito máis sustentable co noso entorno. Estamos nun momento de apostar por eficiencia e coidado do medio ambiente, é por iso que a pesares de todas as dificultades que estamos a vivir, de seguir invertindo en melloras que nos fagan a vida máis doada e o mesmo tempo saber que colaboramos un pouco no coidado do que nos rodea. Agardamos este tipo de decisións sexan do voso agrado.

SD COMPOSTELA CAMPIÓN

Dende Kennedy Sport Gym e sentíndonos moi identificados co deporte e mais concretamente cos equipos e deportistas da nosa cidade, quixeramos felicitar a SD Compostela polo ascenso conquerido este fin de semán no Estadio de Balaídos (Vigo) que fai que Santiago volte a conter un equipo de fútbol na división de bronce do fútbol español. É unha honra poder celebrar éxitos como este e agardamos veñan moitos mais. Apertas.

VERÁN 2020

Neste verán atípico imos a ir modificando o menos posible coa posibilidade de poder achegarnos a situación de cada un. É por iso que decidimos manter case o mesmo horario que no resto do ano a excepción de que os sábados permaneceremos pechados durante todo o día (porque tamén merecemos ir a praia). Apertas para todos e agardámoste no teu ximnasio.

FASE 3, INSISTIMOS!!!

E chegou o día, 8 de xuño de 2020 onde xa comenzamos a mal chamada "normalidade". Nós apostamos por seguir ata conseguir a normalidade como tal, esa onde defendemos a nosa liberdade e onde somos donos dos nosos actos e onde respondemos por eles. É por iso que INSISTIMOS, foron meses moi duros onde a nosa vida foi confinada sen saber moi ben si o que se facía era realmente correcto ou non (confiemos en que así fora) pero chegou o momento da verdade onde temos que continuar, temos que erguer os nosos negocios e conservar os nosos postos de traballo; temos que continuar a estudar e prepararnos con máis aínco para afrontar con garantías o futuro que despois disto cambiou para sempre; temos que seguir aportando valor á nosa vida para poder ofrecer aos nosos fillos un mundo mellor onde poder vivir. En definitiva, necesitamos ser responsables de nós mesmos para defender a nosa saúde como individuos e de paso as dos nosos achegados. 

 

Non imos a poñer normas estrictas (hai máis que suficientes en todos os rincóns da sociedade), só imos a pedir responsabilidade para facer desta pandemia un mal sono do que nos queremos esquecer canto antes, porque necesitamos esa ledicia que tiñamos cando só pensabamos en vivir, en traballar, en estudar, en estar cos nosos amigos ou familiares. Todo isto do COVID-19 non rematou, posiblemente non o fará pero agora temos elementos máis que suficientes para pensar que podemos convivir con este "bicho" sen facernos dano, simplemente convivindo porque sabemos como evitar a súa propagación porque somos responsables e non queremos voltar atrás.

 

Así que BENVIDOS  a todos os que todavía non vos achegachedes polo ximnasio, agardámosvos a todos "con sentidiño", recordade que aquí a parte de ser un entorno social onde coñecemos a xente nova facemos deporte e polo tanto transpiramos, e dalgún xeito NON é obrigatorio o uso da mascarilla protectora pero con adultos responsables dos vosos actos deixamos a vosa elección as medidas preventivas que creades oportunas para estar nun entorno seguro. Recordamos que ao igual que fixemos na fase 2, temos a vosa disposición gel hidroalcóholico (aínda que pensamos que sería bo un lavado frecuente de mans) e temos unha desinfección do local e das máquinas constante para garantir a saúde de todos á hora de facer exercicio.

PEQUENA REFLEXIÓN

Estamos a vivir algo "histórico" no noso país. Ainda que pareza unha broma temos ante os nosos ollos un dos grandes acontecementos do século XXI que vai a mudar todo o que mais ou menos faciamos para seguramente dotarnos nuns anos nunha melloría significativa na nosa calidade de vida. Polo tanto debemos de estar preparados para adaptarnos o mais rápido posible a esa "nova realidade" que nos agarda e vendo con perspectiva é apaixoante, seguro que imos ter unha chea de oportunidades; pero coma todo hai momento de dificultade onde haberá xente que se renda, que non lle apeteza continuar o seu camiño e se conforme coa desesperanza. Son momentos duros onde hai unha dicotomía moral que nos vence por dentro ¿saúde ou economía? A resposta parece doada pero nin moito menos porque sabemos que a saúde o é todo no noso mundo pero tamén que a economía repercute no sufrimento da xente porque nos guste ou  non necesitamos cartos para adquirir calquer ben de consumo. É ahí onde aparecen as "colas da fame", son xente que da noite para a mañá veuse envolta nunha crise sen precedentes. Esa xente está chea de tristeza no presente e con amargura no futuro porque dalgún xeito non lograr ver máis aló do pesadelo e claro, eso é frustrante.

 

Por iso necesitamos a colaboración de todos para evitar que agora se propaguen "as colas" e consigamos revertir esta situación e dalgún xeito comenzar todos de 0. É a hora da colaboración e tamén do pensamento alleo para entre todos "venzamos a este virus".Apertas.

AGRADECEMENTO

Nesta nova realidade queremos DARVOS AS GRAZAS. É unha situación nova para todos onde esixe de grandes esforzos e a verdade o estades a facer moi ben, sodes moi comprensivos con todo isto e vos adaptades ao voso tempo pensando sempre no compañeiro de ximnasio, para que dalgún xeito sexa máis doado e sempre sexamos quen de ter un tempiño para adestrar. Sodes os mais grandes e oxalá moi pronto pase este pesadelo para poder compartir como sempre fixestedes, Noraboa!!!

LETRAS GALEGAS 2020

Hoxe día 17 de Maio celebramos o día das nosas letras, unha identidade propia da nosa cultura. Unha mostrar de orgullo, un sentido de pertenza a un lugar e nestes tempos que son tan difíciles, permítenos votar a vista atrás e ver cómo os nosos antergos actuaron fronte as suas dificultades, e posiblemente vexamos que houbo "outros virus" que fixeron moito dano e causaron indignidade en moitos casos. Sexamos conscientes das grandes cousas conqueridas ao longo do tempo, fagamos desta festa hoxe mais que nunca un simbolismo desa loita que estamos por comenzar para que dentro duna anos, cando votemos a vista atrás poidamos sentirnos orgullosos deste "sufrimento" porque sexamos mais fortes. Ricardo Carvalho Calero é a que se adica este día foi unha desas figuras que amaron a súa Terra, capaz de sufrir o cárcere pero a súa vez conseguir meses tempo de soidade facer unha das suas grandes obras. Pero non só iso, publicou a primeira obra en galego tralo estoupido da guerra civil en España. E ainda estaría a sus grande obra; mentres foi diretor do colexio Fingoi de Lugo levou a cabo unha revolución no ensino, entre moitas transformacións foi capaz de xuntar na mesma aula a nenas e a nenos. Algo impensable na década dos 50 en pleno século XX.

Celebremos ao noso xeito este día que serve de unión entre todos os Galegos. Somos o que somos gracias aos que nos precederon.

REABRIMOS O LUNS 25 DE MAIO.

Despois de 73 días permanecendo obrigatoriamente pechado o ximnasio voltará a abrir as súas portas o luns 25 de Maio e no seu horario habitual. Concretamente estamos a falar da fase-2 correspondente a desescalada programada polo Goberno de España e que nos habilita a ter aberto pero ben é certo dun xeito reducido. Xa estamos mans a obra para elaborar un plan onde todos nos sintamos o máis cómodo posible e así deste xeito voltar a normalidade regulada e a coller o ton físico adecuado de cara a ese verán que se achega pero que todos sabemos que vai ser moi diferente ao que tiñamos acostumado.

 

Debido a este reducido aforo que temos que afrontar, o que temos previsto é chamarvos un por un para saudarvos, ver si ides a continuar connosco (sabemos que a maioría si) e elaborar unha especie de axenda concretando horarios para levar a cabo este protocolo estricto pero necesario de cara a seguir combatindo este virus.

 

A orde de prioridade que imos a seguir será a seguinte:

 

1.- Todas aquelas persoas que adquiriron algún tipo de bono.

2.- Todas aquelas persoas que lle pasamos o recibo o día 15 de marzo e non puideron desfrutar da súa mensualidade xa abonada. Ademáis neste grupo entrará xente que se inscribiu no ximnasio os derradeiros días antes do confinamento.

3.- Todas aquelas persoas que se lle pasou o recibo o día 5 de Marzo e só puideron desfrutar a metade da súa mensualidade.

4.- Resto de socios que non temos ningunha débeda con eles pero forman parte da "nosa familia".

5.- Novas inscripcións.

 

Non queremos que ninguén se preocupe porque vai a haber sitio para todos, imos a facer entre todos o máximo esforzo para que os horarios habilitados sexan do gusto de todos. 

 

Dende a dirección do ximnasio imos seguir ao pe da letra todo o protocolo de sanidade esixido polo ministerio porque por riba de todo, o máis importante sodes VÓS!!!

 

 

 

 

XA FALTA MENOS PARA VOLTAR!!!

Ese é o día!!! Se todo vai ben e Galicia (como se espera entra na fase 2) #kennedysportgym estará de volta. Será todo moiiiiiiii diferente xa que coma sabedes tan só poderemos albergar nesta fase uunha terceira parte do aforo total. Para iso, coma xa vos fumos comentando durante estes días, estamos a establecer un protocolo para asegurar o bo funcionamiento e sobre todo a seguridade de todos. Imos a ir chamando a cada persoa para confirmar o ser regreso e así desta maneira axendar uns horarios que nos permitan a todos o correcto funcionamiento e sobre todo velar pola seguridade e saúde de todos vós. Seguide atentos a todas as novidades tanto por aquí como por todas as nosas redes sociais.

INFORMACIÓN SOBRE A EPIDEMIA CORONAVIRUS COVID-19

Debido a situación de emerxencia sanitaria en Galicia e no resto de España, vémonos na obriga de pechar as nosas instalacións a partir do día 14 de marzo de 2020. Esta situación extenderase mentres dure o estado de alarma decretado polo goberno nacional e tamén seguindo o guión establecido polo ministerio de sanidade, polo tanto cumplindo de forma rigorosa ese protocolo para tratar así de evitar un contaxio masivo por parte da poboación do noso país. Seguiremos informando a través da nosa páxina web de calquer cambio que nos afecte. Apertas a todos.

 

#euquedonacasa #yomequedoencasa #covid-19

 

 

FASE 2 - ATENUACIÓN. A VOLTA AO GYM

XA FALTA MENOS!!!

 

Pois xa comenzamos a ter boas novas para voltar ao ximnasio. Despois de moitas idas e venidas, de ter moita preocupación entorno á situación do país por mor de tantos infectados, de numerosas mortes e de tanto sufrimento polo confinamento da poboación. Xa vemos a luz ao final do túnel, temos moitas gañas de voltar a reencontrarnos e será xa na FASE 2, concretamente o día 25 de Maio. Ese día iniciaremos unha nova andaina xuntos pero será un tanto extraña; en principio so poderemos estar con un 30% de ocupación e polo tanto nos próximos días teremos unha ronda de chamadas para saudarvos e xa de paso concretar un posible horario e así organizar pouco a pouco a nosa volta. Será diferente pero tamén divertido por toda a novidade deste tempo pois a nosa vida cambiou, e polo tanto a forma de relacionarnos tamén; será moi importante seguir as recomendacións sanitarias para facer de esta "volta a normalidade" sexa definitiva e non ter atrancos que dalgunha forma non nos deixe avanzar. 

 

Polo tanto, BENVIDOS A TODOS DE NOVO, estamos de volta con máis gañas que nunca e imos facer desta volta que sexa o máis agradable posible pois todos temos claro que neste confinamento aprendimos que o valor máis importante que temos nas nosas vidas son os nosos seres queridos e temos o orgullo de sentir dende a dirección de KENNEDY SPORT GYM que todos vós en maior ou menor medida formades parte da nosa familia.

 

#estamosdevolta #euvoltoaoximnasio #estamosdevuelta #yovuelvoalgimnasio

 

 

 

INFORMACIÓN XERAL SOBRE OS COBROS

Imos a tratar de aclarar o asunto dos cobros.

 

A partir do decreto de Estado de Alarma no país e con toda a poboación confinada, procedimos por lei a pechar o ximnasio de forma indefinida mentres dure este decreto. Exactamente foi o día 14 de marzo de 2020 onde tivemos que cumprir ditas órdenes e iniciar este precinto obligado. 

 

Os cobros automatizados no ximnasio os levamos sempre en tres fases: O día 5, o día 15 e o día 25. Estas remesas están automatizadas (quere dicir que unha semana antes normalmente xa se atopan grabadas e listas para o seu envío automático). Quere dicir isto que tanto a remesa do 5 de marzo como a do día 15 dese mesmo mes foron pasada e cobrada por parte da administración do ximnasio. Polo tanto, a toda esta xente perxudicada, en canto remate esta situación ímonos poñer en contacto con eles para buscar a mellor solución para eles e así solucionar dito problema. Nunha situación parecida están os posuidores de diferentes bonos (trimestral, cuatrimestral, semestral e anual) pero neste caso a situación máis lóxica será a prorroga do mesmo, queremos dicir, unha persoa que teña un bono semestral e cumplira por exemplo 4 meses no ximnasio faltaríanlle 2 meses que retomaría no intre onde volte a "normalidade". Tamén temos unha débeda con un porcentaxe menor pero existente de persoas que se inscribiron nesa derradeira semán e apenas puideron iniciar a actividade; a todos eles chamarémolos para concretar unha solución factible para ambas as partes.

 

A partires de aquí, o resto da xente non existe ningún procedemento xa que a partir de decreto de Estado de Alarma, suspendeuse todos os cobros automatizados e polo tanto non hai ningunha débeda.

 

E tamén imos adiantando o novo proceder a partires da reapertura. NON FAI FALLA DARSE DE BAIXA NESTE INTRE. Nunha situación tan excepcional como nos atopamos unha vez poidamos proceder a reapertura do centro, faremos unha especie de inventario para ver a xente que sigue connosco e estableceremos unhas novas datas de cobro para evitar así un desfase cos datos de antes da crise.

 

Agardo se entendera dita explicación.

 

 

 

 

HORARIO

SETEMBRO A XUÑO:

 

Luns a Venres:

8:00 - 23:00

Sábado:

10:00 - 14:00

 

XULLO E AGOSTO:

 

Luns a Venres:

8:00 - 15:00

 18:00 - 22:00

Sábado: Pechado

CONTACTO

Teléfono:

+34 881 81 77 36

Email:

kennedysportgym@kennedysportgym.com